O programa deste ano inclúe, ademais de actuacións musicais, actividades deportivas, mesas redondas e talleres.
A Semana do Orgullo Gay, que se celebrará na Coruña do 17 ao 29 de xuño, culminará cun desfile o sábado 26 que percorrerá en tranvía o centro da cidade, informaron esta quinta feira os organizadores.
Logo do desfile haberá unha concentración na praza de María Pita co lema Ola, estamos aquí, previa á festa do Orgullo Gay, que se desenvolverá na praza de Azcárraga.
Fito Ferreiro, representante do colectivo LGTB, destacou que o programa deste ano inclúe, ademais de actuacións musicais, varias actividades deportivas, mesas redondas e talleres, polo que será "máis grande" e "con menos diñeiro".
Pola súa banda, o concelleiro de Festas, Carlos Gónzalez-Garcés, subliñou a importancia de loitar contra a discriminación sexual contra ese colectivo.