Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA CASA DO LIBRO DE VIGO

Cita en Vigo coa creatividade literaria máis nova

Os gañadores das cinco edicións do Premio Biblos-Pazos de Galiza presentarán conxuntamente as súas últimas obras.

Redacción - 12:44 09/06/2010

Será este xoves cara ás oito da tarde. A Casa do Libro de Vigo acollerá a presentación dos gañadores das cinco edición do Premio Biblos-Pazos de Galiza: Iria López Teixeiro, Alberto Ramos, Berta Dávila, Patricia Casas e Pablo García. Os cinco autores, xa recoñecidos pola crítica galega malia a súa xuventude, darán a coñecer as súas últimas obras.

O acto, que será presentado polo director literario de Biblos, Tucho Calvo, ofrecerá a oportunidade de mercar e levar adicadas as obras que resultaron gañadoras do certame e a produción posterior dos cinco mozos.

No caso da gañadora da primeira edición do premio, Iria López Teixeiro, a autora asinará a súa segunda novela: Santa Matriusca (o galardón recibiuno pola súa obra Meniña de cristal). Pola súa parte, Alberto Ramos, que gañou con Dor pantasma (xa esgotada), asinará a súa novela máis recente: Con acuse de recibo. Tamén, Patricia Casas presenta Teselas de cidade; Berta Dávila Bailarei sobre a túa tumba; e o último gañador, Pablo García Martínez, asinará a súa obra Relato dun estalido xordo.


Ligazóns

3,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



De esquerda a dereita, Patricia Casas, Alberto Ramos, Tucho Calvo, Iria López Teixeiro e Pablo García Martínez
De esquerda a dereita, Patricia Casas, Alberto Ramos, Tucho Calvo, Iria López Teixeiro e Pablo García Martínez
Presentación do último libro de Alberto Ramos, en Compostela
Presentación do último libro de Alberto Ramos, en Compostela