Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR UN DELITO DE TERRORISMO EN GRAO DE TENTATIVA

O independentista Sánchez Gallego acepta 11 meses de prisión

O mozo estaba acusado de trasladar a comezos deste ano a un compañeiro para “auxilialo nos seus plans terroristas” contra unha instalación eléctrica.

Redacción - 11:35 08/06/2010

O independentista galego acusado de trasladar a un compañeiro, Xurxo O. R., para colocar un artefacto incendiario nunha estación eléctrica da empresa Fenosa en Pontevedra, Óscar Sánchez Gallego, aceptou a condena de onde meses de prisión que pedía a Fiscalía da Audiencia Nacional despois de que as partes chegasen a un acordo de conformidade.

O procesado estaba acusado, en concreto, dun delito de danos terroristas en grao de tentativa, do que se declarou culpábel. O xuízo, celebrado ante a Sección Terceira da Sala do Penal da Audi9encia Nacional, considerou probado que Sánchez Gallego trasladou no coche de seu pai ao outro mozo independentista o pasado 14 de xaneiro de 2010.

Segundo o escrito das conclusións provisionais do Ministerio Público, transportaba no maleteiro do vehículo unha mochila que contiña dúas bombonas pequenas, un artefacto explosivo incendiario e un 'cóctel molotov' que, segundo as súas características, facían prever “un resultado de consecuencias graves”. Ademais, fóronlles incautados dous pasamontañas, unha bandeira galega e tres chisqueiros.

Sánchez Gallego leva na cadea dende o pasado 15 de xaneiro, polo que previsibelmente sairá en breve do cárcere. O seu compañeiro, Xurxo R. O., foi condenado o 19 de abril a outros nove meses de internamento e un ano de liberdade vixiada polo Xulgado Central de Menores.


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: