Unha de cada catro distincións que recibe o Estado Español correspóndenlle a Galiza.
Galiza contará este verán con oito bandeiras azuis máis ca o ano pasado. En total serán 132 as praias que terán esta distinción de calidade e servizos. O máis chamativo é que o noso país obtén unha de cada catro bandeiras que lle outorgaron ao Estado Español.