Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CRISE: CAUSAS, SOLUCIÓNS E FUTURO

Román Rodríguez 'O goberno español está a pensar máis en termos de marketing'

"Penso que esta crise vai xerar unha reformulación profunda do sistema de vida que temos como sociedade"

Redacción - 11:00 26/05/2010

ROMÁN RODRÍGUEZ Voceiro de Ordenación do Territorio e Educación polo PPdeG no Parlamento, é segundo tenente de alcalde de Lalín, corporación municipal á que pertence dende 1999. Doutor en Xeografía e licenciado en historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

a) Por que temos a actual situación de crise?
As causas hai que buscalas no escenario mundial, mais no caso do Estado Español víronse agravadas pola crise de valores do Partido Socialista, que pensou máis en termos de marketing político. Primeiro negou a realidade enganando os cidadáns e sen tomar medidas e, despois, as reformas chegan tarde e afectan os máis necesitados: pensións dos xubilados, incremento do ive... que derivarán nun deterioro económico e, en consecuencia, nun incremento do paro.

b) Cales poden ser as solucións?
Primeiro é fundamental a transparencia: dicir a verdade. Despois a austeridade, favorecer que as familias poidan incrementar o consumo interno e, así, xerar emprego. E Finalmente precísase planificación. Que un fío condutor vertebre toda a resposta a crise económica. No PP houbo unha experiencia similar, no ano 1996 e, daquelas, o goberno tivo capacidade para rachar coa dinámica de crise.

c) Cal cre que será o futuro?
Penso que esta crise vai xerar unha reformulación profunda do sistema de vida que temos como sociedade. No futuro primarán principios éticos, tanto nas persoas, como nas empresas ou nos propios políticos. Entende que desta crise sairemos fortalecidos, sempre que o PSOE non continúe a exercer de freo.


1,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: