Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
CRISE E POLÍTICA

E se Portugal fose un mero protectorado da Unión Europea?

Os estados teñen autonomía para deseñar políticas económicas propias? Dende o PCP alertan de que está en risco a soberanía.

Redacción - 11:00 21/05/2010

Ao igual que o Estado Español, a semana pasada Portugal anunciou importantes medidas para reducir drasticamente o gasto público. O socialista José Sócrates contou coa axuda do principal partido da oposición (centro-dereita) pero tivo o rexeitamento radical da esquerda parlamentaria (PCP e Bloco de Esquerdas) e da formación máis conservadora (CDS-PP).

Na prensa portuguesa moitos artigos xiraron nos últimos días arredor da pouca marxe de manobra que ten o país para deseñar políticas económicas dentro dun contexto como é o da Unión Europea.

Porén, as palabras máis contundentes veñen do dirixente comunista Jerónimo da Sousa. Nunha entrevista no diario Público defende abertamente a idea de que “corremos o risco, tendo en conta a chantaxe e a situación financieira na que nos atopamos, de nos transformar nun mero protectorado de Bruxelas”. A polémica está servida.


3,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: