A nivel estatal, o IPC subiu o 1,1% e a taxa interanual aumentou unha décima, até o 1,5%, a máis alta desde decembro de 2008.
O Índice de Prezos de Consumo (IPC) situouse en taxa interanual no noso país no 1,7% en abril, dúas décimas máis ca o mes anterior, segundo os datos do Instituto Xeral de Estatística (INE).
A nivel estatal, o IPC subiu o 1,1% en abril, en tanto que a taxa interanual aumentou unha décima, até o 1,5%, a máis alta desde decembro de 2008.
Os compoñentes que máis influíron no aumento dos prezos mensuais foron o vestido e o calzado, cun incremento do 9,5%, o transporte, que se encareceu o 1,5%, e a vivenda, que subiu o 0,7%.
A taxa anual de inflación subxacente (que exclúe a variación dos prezos dos alimentos e a enerxía) diminuíu tres décimas, e situouse no -0,1%, co que se coloca en niveis negativos por vez primeira desde agosto de 1986, data en que se comezou a calcular.