Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Plan de rescate

Portugal sobe o IVE e os impostos directos para reducir o déficit

O primeiro ministro, José Sócrates, pactou o plan co xefe da oposición, Pedro Passos Coelho, líder do conservador PSD.

Redacción - 10:30 14/05/2010
José Sócrates, esta quinta feira

José Sócrates, esta quinta feira

O primeiro ministro portugués, José Sócrates, presentou esta quinta feira unha serie de medidas de axuste encamiñadas a recortar nuns dous mil millóns de euros o déficit público do país, até o 4,6% do PIB en 2011 en troques do 5,1% estimado anteriormente

"O vindeiro anos imos reducir o déficit ao 4,6%", declarou Sócrates após a reunión do Consello de Ministros que estudou o novo paquete de austeridade para acelerar o saneamento das finanzas públicas, reforzar a súa credibilidade nos mercados e cumprir coas exixencias da UE.

O mandatario do PS reafirmou que o seu goberno aposta por un déficit do 7,3% do PIB este ano, mellorando nun punto porcentual a súa anterior previsión do 8,3%. En 2009, o déficit de Portugal marcou a marca histórica do 9,4%.

Impostos extraordinarios
Entre as medidas, Sócrates anunciou un alza dun punto no IVE (do 20% ao 21%), a redución dos salarios dos empregados públicos e un recorte de gastos do Estado. Un imposto extraordinario do 1% ou o 1,5% será aplicado aos salarios segundo o seu nivel de ingresos. O imposto ás ganancias das grandes empresas superiores a dous millóns de euros pasará do 25% ao 27,5%.

"Estas medidas suplementarias son fundamentais para defender a nosa economía, garantir o seu financiamento e reforzar a nosa credibilidade nos mercados internacionais, así como para defender a Europa e a zona euro", declarou Sócrates, que pactou o plan co xefe da oposición, Pedro Passos Coelho, líder do conservador PSD.


Máis información:


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: