Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VOCES EN MOVEMENTO

Un Día das Letras para retomar Os Eidos

Lucía Novas toma a inspiración da paisaxe novoneyriana do Courel para renderlle a súa particular homenaxe ao poeta.

Isabel G. Couso - 10:00 16/05/2010

'EIDOS retomados, xesteiras esguías, xabres nos cavorcos, stones íntimas, e as flores
que agroman nas gangs, caureis espesos, morrisseys extraviados, e xorden vieiros
en costiñas radiantes, en cumes sollíos, nos smiths sombrizos, nos castiñeiros
antergos, nos devanceiros heterodoxos, nos cramps elegantes, na fondura da dor,
nas chuvias sobre os lobos, e ouvea o vento, e perdemos as abrairas nos camiños,
e as hedras ruben, e habítannos as aguias, os sinais penumbrosos, os freixos desnortados,
as nogueiras irreverentes, e a noite é tan mesta e tan profunda…!'

Lucía Novas (Bueu, 1979), gañadora do último Premio de Poesía Johan Carballeira, achéganos, co seu bo facer na poesía paisaxística, un seu poema co que retoma Os Eidos de Novoneyra para homenaxear a figura deste Día das Letras. As xestas, castiñeiros e lobos novoneyrianos conflúen na súa composición cos novos morrisseys ou smiths, nunha demostración da riqueza léxica e poderosas imaxes que habitan a súa obra.

Licenciada en Filoloxía Galega, é acredora de diferentes premios literarios, colleitados dende ben nova, como o Minerva de poesía 1996 e 1997, o Premio Concello de Carral (Epiderme de Estío), o Premio Universidade de Vigo de poesía 2000, ou o Faustino Rey Romero, entre outros. A maiores, ofrécenos a súa Fragmentariedade Conceptual, unha composición que veu a luz na Revista Grial e da que gusta especialmente. Súmase así ás Voces en Movemento do Especial das Letras 2010, coa que Vieiros rende a súa homenaxe a Uxío Novoneyra.


Podes volver ler aquí os Especiais das Letras dos últimos anos:


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: