Óscar Sanches saíu da prisión de Soto del Real aínda que continúa imputado xudicialmente.
Óscar Sánches un dos dous mozos independentistas detidos o pasado 14 de xaneiro en Pontevedra cando circulaban nun automóbil no que se atoparon petardos, botellas de camping gas e un cóctel molotov, quedou en liberdade con cargos á espera de xuízo. Sánches, viciño de Vigo, estaba en prisión provisoria na cadea madrileña de Soto del Real. Na cadea permanece aínda o outro imputado, Xurxo Rodríguez.