Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
DESPOIS DA NEGATIVA DA XUNTA

A ciclista Eva Castro atopa patrocinadores privados

A medallista europea correrá esta fin de semana na Sea Otter, nos Estados Unidos. Mentres, segue buscando apoios para a Copa do Mundo.

Redacción - 12:15 19/04/2010
Eva Castro

Eva Castro

A empresa galega de eventos multimedia e iluminación artística DQL (dalleQlibras) foi a última en sumarse aos patrocinios da ciclista Eva Castro. Alíñase así xunto con outras compañías como Gadis, Pousadas de Compostela, Fundación Fedys e Power Balance e ás marcas internacionais que tamén a esponsorizan: Specialized, Race Face, Oakley, Hope, Suunto, XFusion e Berlinches Desings. Mentres, a Xunta segue dando a calada por resposta ás peticións de achegas económicas: deixou á deportista sen axuda ningunha cando en anos precedentes recibía 12 mil euros do Xacobeo.

Eva Castro, medallista europea de four cross e unha das mellores especialistas mundiais, ademais de ser nove veces campioa de España, participará esta fin de semana na Sea Otter, nos Estados Unidos. Estreará alí a súa tempada internacional competindo na modalidade de dual slalom, onde se darán cita as mellores corredoras do mundo (tanto de descenso como de four cross).

Preparando a Copa do Mundo
A seguinte competición sería a Copa do Mundo, mais Castro aínda non sumou todos os apoios necesarios. A primeira proba dispútase en Bélxica o 1 de maio, pero a súa presenza non está aínda asegurada. De momento, ten cuberto o orzamento para a carreira dos Estados Unidos, a de Bélxica e o Campionato de España de bmx. A oleirense atópase ben de forma, despois de adestrar duro todos estes meses en diversos circuítos, pero a súa participación dependerá do orzamento que sexa quen de xuntar.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: