Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Xornalismo

Un traballo nun medio dixital recibe por primeira vez un premio Pulitzer

Sheri Fink publicou en ProPublica unha reportaxe sobre os efectos do furacán Katrina no persoal dun hospital, pola que recibiu o galardón ao mellor xornalismo de investigación.

Redacción - 12:45 13/04/2010

Por primeira vez, os premios Pulitzer recoñeceron un traballo publicado nun medio dixital. O galardón á mellor reportaxe de investigación foi para Sheri Fink, de ProPublica, unha organización independente, sen ánimo de lucro, que publica xornalismo de investigación de interese público. Fink contou, coa colaboración de The New York Times Magazine, as decisións de vida ou morte que tiveron que tomar médicos dun hospital de Nova Orleáns nos días posteriores ao furacán Katrina. Deadly Choices (escollas mortais) é o título desa serie de crónicas.

Fink compartiu premio na mesma categoría con Barbara Laker e Wendy Ruderman, do Philadelphia Daily News, por unha reportaxe sobre unha patrulla corrupta da policía de narcóticos que acabou provocando unha investigación do FBI e a revisión de centos de casos penais.

O medio que recibiu máis galardóns foi The Washington Post, con catro distincións (xornalismo internacional, reportaxe de fondo, crítica e crónica), fronte ás tres coas que se tivo conformar The New York Times (xornalismo nacional, reportaxe divulgativa e reportaxe de investigación, xunto a ProPublica), que na pasada edición fora o medio máis premiado.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: