Unha xornalista do 'Las Vegas Sun' leva o premio ao 'servizo público', o máis valorado, pola súa información sobre mortaldade na construción.
Alexandra Berzon, na redacción do 'Las Vegas Sun'
Este luns fixéronse públicos os premiados na 93ª edición dos Premios Pulitzer, que concede cada ano a Universidade de Columbia, en Nova York. De entre as diferentes categorías, o de 'servicio público' -que é o máis prestixioso- concedéuselle á xornalista Alexandra Berzon, do xornal Las Vegas Sun.
O premio recoñece o valor dunha serie de reportaxes onde se estuda o número de traballadores da construción que morreron para levantar algúns dos máis emblemáticos edificios da cidade. Neste traballo critícanse os erros do Goberno de Las Vegas na regulamentación dos riscos laborais e recóllese o traballo dos sindicatos.
Precisamente, cando se coñeceu o premio, Berzon estaba nunha audiencia na corte para un xuízo sobre a seguridade dos traballadores.
O 'New York Times' levou cinco premios
O xornal New York Times foi o que máis galardóns levou, con cinco, acumulando os de crítica, internacional, investigación, novas de última hora e reportaxe gráfico. O Washington Post e Los Ángeles Times foron outros dos xornais premiados.