Coas eleccións ás portas, Gordon Brown comprométese a exixir un bo nivel no idioma a todos os solicitantes de emprego público.
Gordon Brown pretende así convencer os votantes máis reticentes coa inmigración
Para traballar no sector público en Inglaterra será necesario dominar o inglés. Esta é unha das promesas coas que os laboristas pretenden convencer os seus votantes nas vindeiras eleccións, nunha clara resposta á crecente preocupación da poboación pola inmigración. Anunciouno o primeiro ministro, Gordon Brown, quen agarda demostrar que entende as preocupacións dos cidadáns ao tempo que adianta ideas para impulsar melloras nos servizos públicos nunha época de fortes recortes no gasto.
Segundo informa o xornal inglés The Times, aqueles traballadores públicos que non dominen o idioma propio do país poderán ser facilmente despedidos. Segundo explicou o xefe da campaña dos laboristas, Lord Mandelson, “trátase de adaptar os servizos ás persoas” e de “dar unha solución a aqueles defectos que puideran ter”, no que considera “un paso lóxico máis no deseño feito polo propio Tony Blair.
Podes consultar aquí a información do Times: Labour will force foreign workers to speak English