Forzas do goberno e guerrilleiros islámicos iniciaron un intenso combate na capital do país o pasado venres. (Vídeo no interior).
Combates deste venres / Al Jazeera
Polo menos 20 persoas, a maioría nenas e nenos, morreron este venres nunha intensa batalla entre forzas do goberno e guerrilleiros islámicos na capital somalí, segundo os testemuños de funcionarios médicos que recollen este domingo as axencias internacionais.
O coronel Ibrahim Kalmoy, voceiro militar, sinalou que o combate comezou cando os guerrilleiros atacaron os soldados gobernamentais no sur de Mogadiscio. Tres destes militares resultaron feridos no enfrontamento, engadiu.
Tropas da Unión Africana, despregadas na cidade para protexer instalacións do goberno, apoiaron o Exército durante a batalla. Os guerrilleiros islámicos controlan gran parte de Mogadiscio e levan varios anos tentando derrocar o fráxil goberno.
Relacionada: