Salvamento Marítimo logrou rescatar nas últimas horas outros 22 tripulantes do mesmo barco.
Salvamento Marítimo segue a buscar dous tripulantes dun cargueiro que naufragou a 160 millas de Cabo Vilán. Os servizos de emerxencias conseguiron rescatar sans e salvos a 22 mariñeiros do mesmo buque, de bandeira de Barbados, porén non hai polo de agora sinais dos dous compañeiros.
Segundo fontes oficiais, a alerta saltou ás 20.30 horas deste luns cando o buque alertou do perigo de afundimento por movementos na carga. Na mañá deste martes iniciáronse os labores de rescate, nos que tamén participaron efectivos do goberno portugueses. As tarefas foron complexas debido ao temporal. Na zona continúa un buque e dous helicópteros que intentas buscar os desaparecidos.