Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Méndez volve ao guieiro inicial

Ultimato de Caixa Galicia: se non hai fusión galega, SIP con Caja Madrid

Malia as reunións dos últimos días, as posicións seguen inflexíbeis. A entidade coruñesa é a primeira en retomar a opción foránea.

Redacción - 12:05 26/03/2010
Tags: caixas



A cúpula da entidade convoca reunión de urxencia. Sobre a mesa un tema único: rachar a inmobilidade do debate nas últimas horas ao respecto do futuro das caixas. Segundo puido saber Vieiros, as reunións entre representantes das dúas entidades galegas non conseguiron punto de encontro ningún e as posicións seguen inflexíbeis. Caixa Galicia decide así un ultimato: se esta fin de semana non hai avance, acelerase o acordo con Caja Madrid. Recordámoslles que neste caso trataríase dun chanzo inicial a través da fórmula do Sistema Institucional de Protección (SIP) que desembocaría nunha fusión que, na práctica, se trataría da absorción de Caixa Galicia por parte da entidade madrileña.

Fontes consultadas cualifican a situación dun movemento máis á desesperada do grupo de Méndez na entidade, que desde o primeiro momento tería como prioridade a carta do pacto con Caja Madrid como oportunidade para manter cota de poder cando Caixa Galicia fose absorbida. O calendario xoga tamén en contra de Méndez: a inminencia da presentación das contas en poucos días ofrece pouca marxe para maquillaxes contábeis.


1,64/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: