Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
DECRETO DO PLURILINGÜISMO

Os sindicatos abandonan a mesa sectorial ante a “inflexibilidade” da Xunta

Todos, agás ANPE, consideraron a xuntanza unha “farsa” e que “non había intención de negociar”. Mentres, Anxo Lorenzo lamentou o incidente.

Redacción - 17:39 25/03/2010

“Unha farsa”. Así cualificaron as organizacións sindicais do ensino a Mesa Sectorial convocada para este xoves. A CIG, CCOO, UXT e STEG, sindicatos que representan o 89% do profesorado, levantáronse da mesa ante a negativa de Educación a mudar nin un só punto o proxecto do Decreto do galego no ensino.

Os sindicatos, todos agás ANPE, denunciaron que o prazo para a presentación de alegacións para o Decreto do Consello Escolar finalizou xa este mércores, cando o texto aínda non fora debatido na Mesa Sectorial, polo tanto deixando os sindicatos sen capacidade de introducir posíbeis cambios. Entenden que este feito demostra a “inflexibilidade” de Educación, que non quixo atender ás propostas e, polo tanto, non ten intención de negociar.

Máis mobilizacións
Así as cousas, as organizacións sindicais xa falan de mobilizacións e mesmo de folga xeral no ensino. O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, subliñou que “non se pode descartar” ningunha outra medida de protesta de continuar a situación. Pola súa parte, o responsábel da Acción Sindical de STEG, Xosé Cabido, tamén falou da necesidade unha “acción conxunta e común” e adiantou que o próximo paso será “informar a comunidade educativa das consecuencias da aplicación do Decreto”. Na mesma liña, o portavoz de Ensino Público de CCOO, Xosé Fuentes, sumouse á proposta, se ben Marcelino Brea, secretario xeral de FETE-UXT, chamou á prudencia e avogou por falar co profesorado.

Lorenzo contesta
Pola súa parte, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou que a Xunta respecta “todos os puntos de vista”, se ben aclarou que “durante estes meses xa se incorporaron diferentes elementos ao texto”, sempre “en base aos principios marcados pola Consellaría”.

No referente ao feito de que xa se pechase o prazo de alegacións do Consello Escolar, Lorenzo explica que a actual proposta do Decreto "xa está o suficientemente "madura e perfilada" como para ser levada ao Consello Consultivo. Finalmente, acusou os sindicatos de preferir "estar en folgas e manifestacións preventivas" a colaborar "nun marco de negociación que xa se iniciou o pasado decembro".

Podes ler aquí os motivos dos sindicatos:


1,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: