Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Concurso Ángelo Casal

Os beneficios da Galicola buscan proxecto ao que amadriñar

Cinco iniciativas compiten nunha votación que permanecerá aberta deica o próximo 1 de maio.

Redacción - 11:45 11/03/2010

"Sabor para a túa lingua" é o lema co que naceu a Galicola. Tal e como anunciaran cando se botou adiante a iniciativa que puxo en tendas e bares do país a alternativa galega ao refresco global, os beneficios xerados, descontados os gastos de produción e distribución, irán para asociacións e colectivos que traballen en favor da lingua galega. Ademais, de xeito específico, o 5% dos ingresos brutos son destinados ao bautizado "fondo polo galego".

A Asociación Cultural Fontaira, promotora da Galicola, convocou con tal fin o concurso Ángelo Casal, convidando a todo tipo de entidades sen ánimo de lucro a que lles remitisen os seus proxectos de promoción lingüística. Cinco propostas foron recibidas: a Associaçom Cultural Foucelhas propón a construción dun centro social en Ordes; a Associaçom Galega da Língua (AGAL) solicita os fondos para a elaboración dun trivial en galego; a Escola Popular Galega requíreos para o financiamento da súa actividade educativa; o colectivo compostelán Gentalha do Pichel propón a actividade "24 horas en galego" e finalmente a Mocidade pola Lingua solicita os fondos para financiar a súa actividade.

Na web da Galicola hai información polo miúdo de cada unha destas iniciativas. As mellores serán escollidos por votación popular e o 17 de maio baleirarase a cantidade que haxa daquela no fondo para entregarlle os cartos ao mellor proxecto.


5/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: