Técnicos do departamento de Medio Ambiente confirmaron a presenza do animal, que podería vir de Francia ou Italia.
Logo de exactamente 81 anos sen ver un lobo, a especie xa se considera extinta en Cataluña. Con todo, esta semana técnicos do departamento de Medio Ambiente confirmaron a presenza dun exemplar femia no Parc Natural do Cadí-Moxeró.
O lobo extinguiuse en Cataluña en 1929, data en que se capturou o último exemplar, en concreto na Horta de Sant Joan. Daquela, os indicios apuntaban á presenza desta especie nos Pirineos e mesmo hai seis anos confirmouse o seu desprazamento a Cataluña. Con todo, estes animais procedentes das montañas de Madres (Francia) e dos Apeninos (Italia) non consolidaron a especie en terras catalás.
Agora, as análises xenéticas das mostras de excrementos e de pel de lobos recollidas en 2008 confirman a presenza de seis animais, un deles femia. De momento, os técnicos non atoparon evidencia algunha de reprodución e non se descarta que esta loba sexa un exemplar novo. Os datos indican que a poboación identificada nos Pirineos é moi pequena (sobre uns 11) e inclúe animais que se desprazan ao norte e ao sur da montaña. Porén, a presenza dunha femia na parte catalá é ben recibida polos expertos porque podería ter como consecuencia a recuperación do lobo en Cataluña.