Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEREITOS DOS TRABALLADORES

Unha empresa de buses despide unha súa condutora que pedira redución de xornada para coidar unha filla

A CIG denuncia que a traballadora sufriu un acoso laboral sistemático dende que pediu exercer o seu dereito á conciliación familiar.

Redacción - 12:58 26/02/2010
A CIG considera que o despedimento obedece a un caso claro de "mobbing"

A CIG considera que o despedimento obedece a un caso claro de "mobbing"

A CIG denunciou este venres que a empresa Autobuses de Calo (Hedegasa) despediu a unha súa condutora, Nélida Pisco, por ter esixido unha redución de xornada para o coidado de fillos. O sindicato xa denunciara hai semanas a situación de “acoso laboral” que padecía a empregada.

Segundo os seus representantes, cando Nélida Pisco pediu unha xornada de conciliación familiar, a empresa intentou convencela de que deixara o posto e se dedicara á súa filla asegurando que despois a volverían contratar. A operaria negouse e quixo facer valer os seus dereitos.

É a partir dese momento cando a condutora afirma que comeza unha serie de “discriminacións e ameazas”. A empresa denegoulle a redución de xornada, as vacacións pendentes e as horas de lactación, aínda que posteriormente un xulgado recoñeceulle estes dereitos. A partir do comezo do conflito, a CIG asegura que a empresa lle negou a posibilidade de compartir os espazos comúns e prohibíuselle falar cos compañeiros.

Entre outros motivos para o despedimento  a empresa alega o feito de que se fixese público o conflito. Hedegas tabralla para administración pública, nomeadamente no transporte escolar, por iso a CIG pídelle á Xunta que faga presión para obrigar a readmitir á traballadora. Mentres tanto, a central nacionalista anuncia que emprenderá accións legais contra a empresa.


4,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: