Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PREVISTA PARA ESTE MESMO XOVES

O goberno español desaira a Xunta cancelando a reunión sobre a Lei de Caixas

O executivo galego podería presentar en horas vindeiras, a xeito de contraataque, un recurso contra o FROB.

Redacción - 14:10 25/02/2010

Representantes do goberno español e do galego estaban citados este xoves en Madrid (18 horas) para seguir negociando un acordo que lle levante o veto á Lei de Caixas aprobada polo Parlamento de Galiza. Mais, segundo sinalan fontes oficias da Xunta, o executivo de Rodríguez Zapatero suspendeu unilateralmente a reunión, a pesar de que na capital española xa estaban algúns representantes galegos.

A táctica é interpretada polo Goberno galego como unha manobra para bloquear a Lei de Caixas e un indicio máis de que Madrid quere vetar calquera posibilidade de fusionar as dúas caixas do país. O enfado aumenta polo feito de que os representantes españois comunicaron a suspensións contra o mediodía deste mesmo xoves.

Que vai facer agora a Xunta? Esta incógnita podería resolverse este mesmo xoves. O BNG, que apoia ao PPdeG na defensa da Lei de Caixas, xa lle exixiu hai dúas semanas a Núñez Feijoo que contraataque presente un recurso contra o FROB. O presidente asegura que xa o ten preparado pero até o de agora preferiu agardar polas conversas con Madrid.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: