Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Londres e Bulgaria, polos opostos

Galiza rexistrou un PIB por habitante máis de 11 puntos por baixo da media europea en 2007, segundo Eurostat

Sitúase como a comunidade autónoma con menor poder de compra do Noroeste do Estado, onde Madrid e País Vasco lideran a clasificación.

Redacción - 18:25 18/02/2010
Vivir en Londres cun salario galego, misión imposíbel

Vivir en Londres cun salario galego, misión imposíbel

O produto interior bruto (PIB) por habitante en termos de poder de compra (PPS) en Galiza situouse en 2007 máis de 11 puntos por baixo da media europea, pois alcanzou un 88,8% -a media é o 100-, segundo un informe publicado hoxe pola oficina comunitaria de estatística, Eurostat.

O estudo reflicte que a media estatal superou a dos países da Unión Europea, pois alcanzou os 105 puntos; mentres que Galiza se situou na metade baixa da lista e foi a comunidade con menor poder de compra do Noroeste: O PIB de Cantabria foi do 92,9%, e o de Asturias, o 96,9%.

As comunidades autónomas de Madrid e País Vasco (136,8%) e Navarra (132,2%) situáronse entre as de maior PIB por habitante da UE en termos de poder de compra, mentres que a de Estremadura aparece como a única rexión española cun poder de compra que se sitúa entre os máis baixos dos 27.

Deste xeito, nove comunidades autónomas do Estado, Cantabria, País Vasco, Navarra, A Rioxa, Aragón, Madrid, Castela e León, Cataluña e Baleares, rexistraron en 2007 un PIB por habitante en función do poder de compra por encima da media da UE. As oito restantes e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla non alcanzan a media comunitaria.

Grandes desequilibrios
O informe elaborado pola oficina comunitaria de estatística, Eurostat, constata os grandes desequilibrios entre as diferentes rexións da UE, xa que, mentres Londres Central alcanzou un 334% e converteuse máis rica da UE, a rexión búlgara de Severozapaden apenas alcanzou o 26%.

Deste xeito, as rexións da UE con maior PIB por habitante en termos de poder de compra foron Londres Central (334%), o Gran Ducado de Luxemburgo (275%), Bruxelas (221%), Hamburgo (192%), Praga (172%) e Île-de-France (169%). Por abaixo, fican Severozapaden (26%), Noroeste de Romanía e Severen tsentralen e Yuzhen tsentralen (27% cada unha, tamén en Bulgaria).


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: