Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
As mortes no traballo medraron en 2009

A precariedade "non é unha boa forma de traballo", mais "non ten relación directa coa sinistraliedade", di a Xunta

A directora xeral de Seguridade e Saúde Laboral, Adela Quinzá-Torroja, presentou a Campaña de Prevención para 2010 e ofreceu datos do ano pasado.

Redacción - 13:45 15/02/2010
Adela Quinzá-Torroja

Adela Quinzá-Torroja

Os accidentes laborais diminuíron un 21,3% en número e índice de incidencias o ano pasado no noso país respecto a 2008, unha circunstancia á que contribuíu o descenso dos sinistros de carácter leve, grave e mortal.

No entanto, os accidentes mortais producidos en xornada de traballo aumentaron un 4,23% en 2009, aínda que o total deste tipo de sinistros, os rexistrados de camiño ao centro laboral e os contabilizados nel, reduciuse un 12%.

Estes datos foron ofrecidos este luns pola directora xeral de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, nunha conferencia de prensa en que presentou a Campaña de Prevención de Riscos Laborais para 2010, baixo o lema Coa prevención de riscos no traballo a vida espérate. Fai da prevención un hábito.

Esta campaña, en prensa e radio, para o fomento de hábitos preventivos, iníciase este luns e terá unha duración dun mes, durante o que permanecerán instalados valados publicitarios en diferentes puntos do país.

Segundo a directora xeral, os sectores con maior incidencia na sinistraliedade continúan a ser a construción, os servizos (en datos absolutos, non porcentuais), a industria, a pesca e o agro. Neste senso, destacou a redución do número de falecidos no sector pesqueiro, de 13 a oito.

A precariedade "non é unha boa forma de traballo"
Quinzá-Torroja considerou que "non existe unha relación directa entre a sinistraliedade laboral e a precariedade", aínda que considera que esta última "non é unha boa forma de traballo", e subliñou que, de se atrasar a idade da xubilación en dous anos, o número de falecidos medraría, porque habería máis poboación traballando e a incidencia sería maior dado que nos veteranos se dá "o abuso de confianza".


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: