Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Concurso de Perlas Ponteareás

Agora as divisións de carrís fanse con postes da luz?

Desde o Ateneo Libertario ponteareán cóntannos da peneira de chafalladas urbanísticas e anuncian xa un segundo certame de "Perlas Ponteareanas".

Redacción - 12:00 01/02/2010

O "Lume Negro", publicación periódica do Ateneo Libertario, abre nesta edición especial de febreiro cunha espectacular estampa tirada na parroquia de Angoares. "Agora as divisións dos carrís fanse con postes da luz?", preguntan con resignada retranca chamando a atención sobre a ausencia de calquera tipo de reflectante ou aviso que advirta da presenza deste obstáculo no medio da vía.

O Ateneo decidiu que esa fose a imaxe gañadora deste primeiro concurso de "Perlas Ponteareanas", mais sinalan a existencia de moitas outras que merecen non pasar desapercibidas. Algunhas delas poden verse no mencionado boletín. E proximamente farán unha exposición para difundir todas as pezas recibidas e xa advirten: "Non nos quedará máis remedio que convocar o 2º Concurso de Perlas Ponteareanas". De paso, agradecen a colaboración nun certame convocado para o fomento da acción crítica e a protesta "neste pobo adormecido".

"Do que se trata é de fomentar a visión crítica de canto nos rodea e de divulgar as chafalladas e despropósitos deste concello sen par e esperamos que o Concello tome boa nota e arranxen todas as cousas reflectidas nas perlas concursantes e que non sigan polo mesmo camiño (facendo chapuza tras chapuza)", indican.


Ligazóns

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: