Amigos da Terra acusa o Concello de Vigo de non facilitar información ambiental sobre as instalacións do zoo.
Un tigre no Vigozoo
O colectivo ecoloxista Amigos da Terra denuncia que o Concello de Vigo non lle facilitou a información ambiental requirida sobre o zoolóxico da cidade. Estes datos foran solicitados o pasado 29 de outubro e refírense os informes que recollen os programas que executa supostamente Vigozoo para dar cumprimento á normativa europea de Zoos.
Ademais, tamén pediron o concello unha copia das licenzas municipais e das autorizacións outorgadas pola Xunta de Galiza, que determinarían a adaptación do centro á legalidade e ás directivas comunitarias.
Amigos da Terra lembran que a lexislación estabelece un prazo de un mes para proporcionar esta información, polo que, ademais de denunciar o que consideran unha vulneración de dereitos por non entregar a documentación en prazo, pregúntanse se o goberno municipal “ten algo que agochar”.