Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Manifestación en Compostela

Manuel Vázquez advirte do "berro unánime" contra o decreto do galego e convida a "reflexionar" para retiralo

"Todos os sectores sociais, culturais e económicos teñen un berro colectivo pedíndolle ao presidente de Galiza que non ataque a lingua de Galiza".

Redacción - 14:24 21/01/2010

O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, advertiu este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, do "berro unánime" da sociedade galega contra o coñecido como decreto do plurilingüismo impulsado polo Goberno e convidouno a "reflexionar" para retiralo.

"Todos os sectores sociais, culturais e económicos teñen un berro colectivo pedíndolle ao presidente de Galiza que non ataque a lingua de Galiza", manifestou en declaracións aos medios antes de iniciar a marcha polas rúas de Compostela no transcurso da manifestación convocada pola plataforma 'Queremos Galego'.

Neste senso, sostivo que é "incríbel" que a sociedade teña que "pedirlle ao presidente de Galiza" que non "ataque os sinais de identidade" do país e considerou que esta protesta debe "facer reflexionar a este goberno".

"Non pode construír este país atacando os sinais de identidade, Feijoo ten que facer un acto de humildade", proclamou o líder socialista, que avisou o mandatario de que "buscar puntos de encontro non pode ser á conta de enterrar a lingua propia".

A maiores, Manuel Vázquez subliñou que os "socialistas galegos están abertos ao diálogo e a falar" para alcanzar acordos nesta materia, mais avisou de que "o presidente de Galiza non pode ser o inimigo da lingua".

Outros cargos do PSdeG
Ademais do secretario xeral dos socialistas, tamén estiveron destacados dirixentes do PSdeG como o alcalde de Ames e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Carlos Fernández, o deputado estatal Ceferino Díaz, e parlamentarios autonómicos como Guillermo Meijón, Ismael Rego, Pablo López, Sonia Verdes, María Quintas, Tomei Roca, José Manuel Lage Tuñas, Abel Losada ou Manuel Galego Lomba.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: