Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
AS DIFICULTADES DO NOSO IDIOMA NO ENSINO

O PPdeG identifica a normalización lingüística co “adoutrinamento"

Nun comunicado de prensa o partido conservador asegura que o novo decreto, a diferenza do do bipartito, “baséase en formar persoas e non a futuros militantes políticos”.

Redacción - 09:00 11/01/2010

O Partido Popular, lonxe de apagar o incendio lingüístico que encendeu xa na oposición, bótalle máis leña. O máis sorprendente é a estratexia de  identificar as políticas de normalización lingüística no ensino con supostas manipulacións ideolóxicas do alumnado.

Nunha nota de prensa enviada aos medios este domingo, o PPdeG afirma que o bipartito aprobou no seu día un decreto para converter as aulas en “espazos de adoutrinamento”. Fronte a isto, a dereita subliña que a súa proposta para o vindeiro curso “baséase en formar persoas e futuros profesionais e non a futuros militantes dos partidos políticos”

Os “populares” mantéñense na idea de que o decreto que marcaba un espazo dun 50% para a lingua do país nas escolas “axudou a incubar o odio ao galego cunha política de imposición”. Fronte a isto, os de Feijoo volve sacar a bandeira da “liberdade lingüística” que garante o borrador do novo decreto: se o bipartito “metía galego en exclusiva xerando odio, o PPdeG pretende meter, ademáis do galego o castelán e o inglés”. Se o decreto aínda en vigor mira “de Galiza cara a dentro” o novo vai mirar, segundo a nota, “de Galiza cara ao mundo”.


1,65/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: