Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O TEMPORAL COMEZA A REMITIR

A neve e o xeo dificultan o tránsito polas estradas

Os principais incidentes concentráronse nas vías secundarias de numerosas comarcas do interior. A capital de Galiza foi unha das cidades máis afectadas do país.

Redacción - 12:24 08/01/2010
Tags: neve

O anunciado temporal de neve chegou con forza. Ao longo da madrugada do xoves ao venres a neve estendeuse por boa parte do país. A circulación viaria fíxose moi complicada en numerosas estradas galegas por mor da neve, mais sobre todo da xeada. A normalidade comezou a recuperarse a media mañá e Galiza baixou o nivel de alerta de laranxa a amarelo. Porén, dende Protección Civil advirten que, a pesar da melloría climatolóxica, é previsíbel que o xeo siga presente en numerosos puntos da rede viaria.

En canto ás cidades, Santiago de Compostela e Lugo foron as máis afectadas pola nevada. Na capital de Galiza, a capa de xeo e neve dificultou moito o tráfico pola mañá. De feito, suspendéronse as liñas de bus urbanos e nalgunhas rúas con costa foi preciso cortar a circulación a primeira hora.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os prados próximos á residencia presidencial de Monte Pío apareceron coa seguinte mensaxe: "Na Gz"/ Foto:R.N
Os prados próximos á residencia presidencial de Monte Pío apareceron coa seguinte mensaxe: "Na Gz"/ Foto:R.N
Na capital de Galiza houbo quen aproveitou a nevarada para facer deporte/ Foto: Viriato
Na capital de Galiza houbo quen aproveitou a nevarada para facer deporte/ Foto: Viriato