Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE

A compra de coches novos cae en Portugal ao nivel máis baixo das últimas dúas décadas

A patronal pídelle ao goberno de Sócrates que manteña as axudas para a adquisición de automóbiles novos.

Redacción - 09:30 07/01/2010

Nos últimos doce meses o sector do automóbil portugués está a notar con especial forza a crise económica. A Associação Automóvel de Portugal (ACAP) deu a coñecer esta semana que a cifra de coches vendidos ao longo do ano pasado foi a máis baixa dende 1988, ao non chegar ás 161 mil unidades.

A patronal deste sector coida que a crise económica fai que familias portuguesas pensen moito antes de mudar os seus vehículos. Dende a ACAP apuráronse a pedir “medidas de incentivo e de apoio” para os que se queiran cambiar o seu coche vello por un novo.

De feito, o pasado verán, o goberno de José Sócrates puxo en marcha axudas para incentivar a compra de vehículos novos. Dende a patronal aseguran que de non ter acontecido isto as cifras de vendas aínda serían ben menores. Agora piden que o executivo luso siga a subvencionar parte das compras ao longo de 2010.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: