O acordo serve para manter en pé a empresa. O número de traballadores pasará de 240 a 130.
Logo de máis de tres horas de reunión e cando xa parecían confirmarse os peores augurios, as entidades financeiras e os traballadores de Montoto chegaron a un acordo para sacar adiante o plan de viabilidade da empresa téxtil de Lalín e saír así do concurso de acreedores. Representantes da Xunta e do Igape estiveron presentes na xuntanza.
O acordo servirá para salvar boa parte dos empregos. Aínda así, o número de traballadores pasará de 240 a 130. Dende a CIG cualificaron a noticia de “boa” pero xa advertiron que velarán para que se cumpra o acordo.