Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ESTA TARDE

A Irmandiña bota a andar sen a Xunta

Sen xogadores nin de Primeira nin de Segunda División, a selección porá toda a súa ilusión e reivindicación diante dun combinado estranxeiro.
Nos últimos anos:

Redacción - 10:40 26/12/2009
Siareir@s Galegos no último encontro da Irmandiña

Siareir@s Galegos no último encontro da Irmandiña

Non haberá grandes estrelas sobre o campo. Tampouco retransmisión televisiva, nin importantes patrocinios, nin rivais como Uruguai, Ecuador, Camerún ou Irán. A falta de apoio do Goberno e a negativa da Federación Galega de Fútbol a asumir a organización do partido anual da Selección Galega fará que mude toda a escenografía dun encontro futbolístico que xa comezaba a ser tradicional. Mais, contra todo prognóstico, haberá partido e non faltará a ilusión, cargada dunhas importantes doses de reivindicación.

En Santa Isabel (Santiago de Compostela) todo está a punto para unha cita que, malia todas as dificultades, espertou grande interese entre os futbolistas galegos. Con todo, o feito de que a Federación non se implicase no encontro impide que os xogadores profesionais de Primeira e Segunda poidan estar presentes e deixarán o relevo este ano aos seus compañeiros das categorías inferiores. Mentres, Siareir@s Galegos, encargados da organización, convidan a toda a afección a sumarse a esta festa, que terá moito de deporte e moito de protesta: "exiximos o dereito de Galiza a ter seleccións e competir a nivel internacional".

Convocatoria
O encontro, que dará comezo ás sete da tarde, contará con Fernando Vázquez e Pilar Neira como seleccionadores. Previamente, dende a Alameda compostelá, Siareir@s organiza unha manifestación baixo o lema "Seleccións nacionais. Dereito Popular" que sairá as cinco da tarde.

Xa no campo, Neira, canda outras internacionais por Galiza nos dous últimos anos, lerán un comunicado en defensa da práctica deportiva das mulleres e en repulsa pola decisión do Goberno de non financiar nin permitir o partido desta edición. Despois, o ciclista David Blanco, varias veces campión da Volta de Portugal, será o encargado de realizar o saque de honra.

Velaquí a aliñación irmandiña:

Adrian Padrón e Daniel Portela (Ourense)
Rubén Márquez, Alberto Domínguez, Alberto Mariño, Anxo Liñares e Óscar Seoane “Jimy” (Compostela)
Paulo Saboris, Fernando González e Óscar Río (Céltiga)
Quico (Arousa)
Manu Rodríguez (Vilalonga)
Rubén Pisto e Valentín (Verín)
Óscar Comís (Coruxo)
Daniel Conde, Xurxo Colón, Nacho Fernández e Marcos Martínez Munín (Negreira)
Carolina Baños Ameneiro, Mónica Naval Cortés, Mirian Domínguez Marcos (Arousá)
Rita Lema (Victoria C.F)
Barca Toba Suarez (Orzán)
Andrea Carid (Pontevedra)

Xa despois do partido, un concerto porá fin á xornada. Contará coas actuacións de: Machina, Mencer Vermelho e Habeas Corpus.


Ligazóns

5/5 (29 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: