Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Iniciativa da Asoporcel

As mellores talladas do porco, "slow" pero até ao bandullo

A Asociación de Criadores de Porco Celta achega candidatura para o movemento mundial "Slow Food".

Redacción - 11:30 23/12/2009

Hai case vintecinco anos que un xornalista italiano argallou unha iniciativa contra a daquela crecente invasión da chamada "comida rápida". En tempos de hexemonía da alimentación estandarizada, o movemento foise estendendo e gañando forza baixo a denominación "Slow Food".

Pular pola cultura alimentaria da cidadanía, lograr a plena consciencia do dereito ao pracer e ao gusto, darlle dignidade cultural ás temáticas vencelladas coa comida, individualizar os produtos e modelos de produción ligados a un territorio... e en xeral, promover a exploración dunha calidade de vida distinta, baseada no respecto ao ritmo e o tempo naturais. Velaí algúns dos criterios que defende o movemento Slow Food.

E baixo eses criterios, consideran desde a Asociación de Criadores de Porco Celta (Asoporcel), que hai motivos abondos para a candidatura formalmente presentada a pasada fin de semana en Muxía para integrarse no devandito movemento. Entre tallada e tallada, a Asoporcel subliñaba así a súa vontade de formar parte desta rede preocupada pola calidade na alimentación.

"Slow Food Galicia"
Durante a mesma xornada, celebrada o pasado venres 18 nunha casa de turismo rural muxiá, presentouse oficialmente Slow Food Galicia, colectivo que se suma á rede estatal e internacional existente e que promove a filosofía deste movemento ademais de organizar feiras e eventos diversos. En Galiza xa están recoñecidos dentro do movemento Slow Food a centola de Lira e o millo corvo de Bueu.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: