Representantes dos operarios que estaban subidos a un guindastre chegaron a un acordo para rematar coa protesta.
Protesta de traballadores de Termavi
Os catro empregados da empresa Termavi que dende mediados da semana pasada protagonizaban unha folga de fame no Porto de Vigo, abandonan esta mañá a protesta. Os operarios baixarán do guindastre onde estaban pechados debido ao despedimento de nove traballadores da concesionaria do tráfico de contedores de Guixar.
A protesta complicárase nas últimas horas debido a que un dos folguistas se atopaba en mal estado debido ao frío e a un pequeño golpe accidental. Aínda que solicitou asistencia sanitaria, finalmente non chegou a recibila porque o médico negouse a subir até o alto do guindastre e o traballador a baixar.
Dende a UXT, sindicato ao que pertencen os folguistas, sinalaron que hai un principio de acordo que farán público nas vindeiras horas.