Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Vocabulario despectivo

Un libro define "galego" como sinónimo de teimudo e falso

O parlamentario Bieito Lobeira pregúntalle á Xunta que medidas vai tomar fronte á publicación de 'Hablar bien no cuesta tanto', de Pancracio Celdrán.

Redacción - 17:44 21/12/2009

Cando semellaba que se empezaban a retirar dos dicionarios casteláns as definicións despectivas de "galego", o parlamentario Bieito Lobeira formuloulle unha pregunta ao Goberno sobre un libro con novas "aldraxes" ao pobo galego.

O voceiro en materia lingüística do BNG interesouse polas medidas que tomará a Xunta fronte á publicación de Hablar bien no cuesta tanto, do lingüista murciano Pancracio Celdrán, onde "gallego" aparece como sinónimo de covarde, embusteiro, avarento, falso, hipócrita, descarado, aproveitado, cabezón, teimudo e fanfurriñeiro. Segundo Lobeira, este libro, editado por Temas de hoy, segue a liña doutras publicacións, como Chistes de gallegos, de Planeta ou os insultos vertidos no Dicionario da Real Academia Española, que tachou de "auténtica literatura xenófoba".

Para o parlamentario nacionalista, esta actitude "cría un caldo de cultivo que propicia o desprezo, a humillación e a caricatura de Galiza e do pobo galego". Por iso, preguntou que medidas tomará o Goberno ante a publicación deste libro que, ao seu entender, propaga tópicos absurdos e vexatorios para Galiza e para todos os galegos.


5/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: