Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vigo: Catro traballadores seguen nun guindastre

A CIG anuncia a estensión da folga de Termavi a outras empresas do Porto

"Estanse a incumprir os servizos mínimos e a subdelegación do goberno está a facer abandono de funcións", critica a presidenta da Autoridade Portuaria.

Redacción - 11:45 19/12/2009
Os operarios están sen auga

Os operarios están sen auga

En declaracións aos xornalistas, Xosé Fernández Piñeiro, portavoz da CIG, manifestou que a folga de Termavi se "estenderá" e "intensificará" a outras empresas do Porto de Vigo. Neste senso, apuntou que os traballadores da empresa Botamavi, que se encarga do amarre das embarcacións, comezarán unha folga a partir do 30 de decembro.

Pola súa banda, a presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, afirmou, en conferencia de prensa, que nas últimas horas houbo que desviar tres barcos porta-colectores como consecuencia do paro de Termavi e que podería ser necesario desviar outros cinco.

"Estanse incumprindo os servizos mínimos e a subdelegación do goberno está facendo abandono de funcións en troques de actuar para que se cumpran", criticou Porro, que ademais alertou de que se está "pondo en perigo" o futuro de "moitos traballadores e empresas" e a "economía" da cidade. 

Folga de fame
Por outra banda, a UXT presentou no xulgado de garda de Vigo unha denuncia para pedir unha "actuación inmediata" co obxectivo de garantir as condicións básicas humanitarias dos catro despedidos de Termavi en folga de fame, que permanecen encerrados en dous guindastres da empresa, en Guixar, afiliados de este sindicato.

A central pide que se permita dispensar auga e azucre a estas persoas. Tamén se pide que se retome a subministración de electricidade de baixa tensión para poder utilizar os calefactores. Lembran que a empresa prohibiu que aos catro traballadores se lles proporcione auga e que se lles cortou o fluxo eléctrico.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: