Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Finaliza a COP-15

'A última oportunidade para salvar o planeta' remata en fracaso absoluto

O chamado Acordo de Copenhaguen non é vinculante, non contén cifras de recorte de emisións de CO2, nin a supervisión mundial dos países emerxentes.

Axencias - 10:45 19/12/2009
México agarda xa pola COP-16

México agarda xa pola COP-16

O plenario da Cimeira do Clima de Copenhaguen seguía ás 7.00 horas da mañá deste sábado tentando atopar a fórmula para adoptar o documento acordado por unha vintena de líderes mundiais que, en todo caso, non tería carácter vinculante, aínda que recolle cifras de financiamento dos países ricos aos pobres a curto e longo prazo e prorroga os compromisos obrigatorios e voluntarios de reducións de CO2 até xaneiro de 2010.

O texto, bautizado como Acordo de Copenhaguen, é froito de dous anos de negociacións, que remataron este sábado. Porén, as expectativas creadas no que se prevía 'a última oportunidade para salvar o planeta' ficaron en papel mollado: non é vinculante, non contén cifras de recorte de emisións de CO2, nin a creación dun sistema de control internacional para verificar as emisións dos países emerxentes (China, India, Brasil).

En todo caso, a posibilidade de tomar decisións vinculantes na loita contra o cambio climático trasládanse deste xeito a México dentro dun ano, onde se celebrará a 16 Conferencia das Partes (COP-16).

O plenario da conferencia renovouse pouco despois das 3.00 horas e os representantes de Tuvalu, Venezuela, Bolivia, Cuba, Costa Rica e Nicaragua criticaron duramente o procedemento polo que se pactou un documento por parte dunha vintena de xefes de Estado e de Goberno, capitaneados polo mandatario estadounidense, Barack Obama, e entre os que están China, India e Suráfrica.

Outros países como Maldivas, Reino Unido, Xapón, Papúa Nova Guinea, Suecia, Canadá, Australia ou Francia, defenderon a adopción do documento. As intervencións repetíronse durante toda a noite, algúns apelando á necesidade de alcanzar compromisos máis elevados.


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: