Segundo os datos dun portal inmobiliario, os galegos pagamos un 4,6% máis polo arrendamento da vivenda dende que comezara o ano.
O custe da vivenda en aluguer increméntase en Galiza mentres descende no Estado Español. A crise da construción, o mal momento do mercado inmobiliario e o contexto económico non semellan afectar os propietarios galegos que, dende que comezara o ano, reciben un 4,6% máis polo arrendamento dos seus pisos.
Así o desvela un estudo dun portal inmobiliario (facilísimo.com), quen tamén recolle a tendencia de continuada caída de prezos no Estado Español que chega até o 4,8%. Aínda máis, no que vai de ano, Galiza liderou o incremento do prezo do aluguer, é dicir, foi a comunidade autónoma na que máis medrou: descendeu en todas as comunidades autónomas, agás Galiza, Canarias (+2,4%) e Asturias (+1,9%).
Con respecto ás cotizacións, Estremadura é onde máis barato resulta arrendar unha vivenda, cunha media de 4,5 euros por metro cadrado. No extremo oposto, Euskadi é onde resulta máis caro, cun desembolso de 10,8 euros por metro cadrado. En Galiza, o prezo sitúase en 6,3 euros euros.