Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No Porto de Vigo, a 45 metros de altura

Catro despedidos de Termavi, en folga de fame sobre un guindastre

Ademais, arredor de 25 traballadores accederon á Autoridade Portuaria onde teñen previsto pecharse.

Redacción - 10:00 17/12/2009
Peche na Autoridade Portuaria

Peche na Autoridade Portuaria

Varios dos traballadores despedidos de Termavi -catro, segundo confirmou a Vieiros o presidente do comité de empresa, Alexandro Rodríguez- comezaron unha folga de fame subidos a un guindastre de 45 metros de altura na madrugada desta cuarta á quinta feira no peirao de Guixar, no Porto de Vigo.

Ademais, arredor de 25 operarios accederon á Autoridade Portuaria de Vigo, portando varias faixas, coa intención de se pechar nas instalacións. Á media tarde desta quinta feira, dous dos despedidos permanecían na Sala de Xuntas coa porta atrancada. Afirman que manterán o peche até a resolución do conflito e en solidariedade cos compañeiros que continúan en Guixar.

O persoal desta empresa, integrada por 67 persoas, comezou esta semana un paro en solidariedade con nove traballadores despedidos pola empresa, dedicada á manipulación de colectores, dos que reclaman a súa readmisión.

Semana de mobilizacións
Durante estes días, os operarios da compañía protagonizaron concentracións con cortes de tráfico nos accesos ao peirao comercial, provocando atrasos nas operacións. Na xornada desta cuarta feira, a tensión chegou até o punto de que a Policía ameazou con cargar contra os manifestantes.

Os traballadores despedidos levaban varios anos na empresa, nalgúns casos até 20, e os representantes laborais sospeitan que detrás da decisión empresarial está a intención de externalizar os servizos e de desactivar o convenio e os dereitos laborais.


5/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Dous traballadores despedidos permanecen pechados na Sala de Xuntas da Autoridade Portuaria, coa porta atrancada
Dous traballadores despedidos permanecen pechados na Sala de Xuntas da Autoridade Portuaria, coa porta atrancada
A Policía ameazou con cargar contra os traballadores de Termavi, na manifestación desta cuarta feira / Foto: CIG
A Policía ameazou con cargar contra os traballadores de Termavi, na manifestación desta cuarta feira / Foto: CIG