Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Circulación intensa

A DXT prevé medio millón de desprazamentos por estrada

Para estes días festivos recoméndase precaución nos automóbiles e atención ás previsións da situación do tráfico.

Redacción - 14:00 04/12/2009

Este venres ás 15 horas ábrese a operación especial de tráfico por mor da ponte de decembro. A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé case medio millón de desprazamentos polas estradas do país até as 24 horas do martes 8 de decembro.

Segundo informou a DGT, as vías máis afectadas polo tráfico serán a autoestrada AP-9, as autovías A-6, A-52 e A-55, e as estradas N-550 e N-634. Aconsella comprobar o estado do automóbil antes de iniciar os desprazamentos e tomar medidas oportunas relativas á condución, extremando as precaucións se se dan condicións meteorolóxicas adversas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: