Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Presentación en Vigo

O Apalpador convértese en protagonista dun conto ilustrado

Editorial Barafunda publicou Antón e o Apalpador, con textos de Manuel Castro e Mar Ameixeiras e ilustracións de Francisco Ameixeiras.

Redacción - 11:15 05/12/2009

O Apalpador, a figura galega do nadal, xa ten un conto ilustrado de seu. Este venres presentouse en Vigo Antón e o Apalpador, unha obra de Manuel Castro e Mar Ameixeiras ilustrada por Francisco Ameixeiras.

Conta a historia de Antón, un neno da cidade que viaxa ao Courel para pasar as vacacións coa súa madriña. O que non imaxina son as aventuras que lle esperan e os fantásticos personaxes que coñecerá, como o Apalpador, un vello carboeiro que na noite de nadal baixa polas aldeas a apalparlles os bandullos aos nenos para ver se están ben mantidos e deixarlles un feixe de castañas. O conto incorpora tamén seis páxinas de xogos para que os lectores coñezan máis cousas sobre o Apalpador e sobre o seu contorno.

O conto está publicado pola editorial Barafunda. Manuel Castro e Mar Ameixeiras levan 15 anos traballando no mundo da animación infantil como pallasos e contacontos, creando guións para os seus espectáculos, como Pepiña Xoaniña quere voar e Xan nas Ondas. Francisco Ameixeiras traballa como deseñador gráfico especializado en paneis didácticos e é ilustrador e deseñador de bonecos de animación.


4,82/5 (22 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: