Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS

CCOO subliña que o paro acadou o máximo deste século

Alerta de que o desemprego seguirá medrando mentres non se reactive a actividade económica e pide un pacto que incorpore compromisos concretos a curto prazo.

Redacción - 12:18 02/12/2009

Á luz dos últimos datos do desemprego dados a coñecer este mércores polo Ministerio de Traballo, Comisións Obreiras (CCOO) subliña que a cifra total de parados en Galiza chegou ao máximo histórico dende que comezase o século XXI.

Ademais, as súas perspectivas para o futuro non son mellores: o sindicato considera que o desemprego continuará a medrar "mentres non se reactive a actividade económica, o que non parece que vaia ser inmediato".

Solucións
No apartado de propostas, CCOO aposta por un pacto pola economía, a industria e a protección social que incorpore compromisos concretos sobre medidas a curto prazo, xa que entenden que só así se podería dar resposta ás consecuencias máis graves da crise.

Entre elas nomean a "protección das persoas desempregadas, a destrución de emprego e procurar a reactivación económica e a mudanza do modelo de crecemento, impulsando políticas industriais, de I+D+i, mellora educativa e da formación profesional ou calidade do emprego.

Finalmente, exixen un compromiso da Administración Pública e dos axentes económicos e sociais para conseguir crear emprego e xerar actividade "para que cando superemos a crise se poida reorientar a actividade cara outros sectores de máis valor engadido".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: