Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Ezequiel Mosquera recolle o premio 'Casa de Galicia en León'

O premio distingue anualmente o deportista do país que ao seu criterio máis destacou ao longo da tempada.

Redacción - 13:30 30/11/2009

O ciclista do Xacobeo Galicia (XGZ) Ezequiel Mosquera recibiu este sábado o premio que anualmente concede a Casa de Galicia en León ao deportista galego que ao seu criterio máis destacou ao longo da tempada.

Ezequiel Mosquera concluíu a Vuelta, por terceiro ano consecutivo, entre os cinco primeiros clasificados e foi ademais o ciclista con mellor rendemento nas etapas de alta montaña nesta rolda en 2009, malia chegar coa condición física minguada logo dunha grave caída na cuarta xornada.

Este ano gañou tamén a etapa raíña da Vuelta a Burgos, con final nas Lagoas de Neila, ratificando a súa condición de escalador. A tempada tampouco lle deu para máis, porque noutro momento álxido da campaña, en vésperas do Giro, sufriu unha fractura no pulso esquerdo.

A súa grande aspiración para 2010, ademais da Vuelta, sería poder disputar o Giro de Italia, nunha edición que ofrece un percorrido con "portos míticos, que todo escalador sente ganas de subir algunha vez".


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: