Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

A quinta praza de Ezequiel Mosquera na Vuelta pode meter o XGZ no Giro

En 2009, o equipo galego -que presentou esta cuarta feira dúas novas incorporacións- foi convidado a rolda italiana grazas ao cuarto posto do de Teo na española.

Redacción - 19:30 28/10/2009
Presentación, esta cuarta feira

Presentación, esta cuarta feira

A pasado fin de semana, o ciclista e líder do Xacobeo (XGZ), Ezequiel Mosquera, asistía en Milán á presentación do Giro de Italia, acompañando o director deportivo do equipo, Xosé Ánxel Vidal. Un xesto importante máis de cara a repetir a presenza do equipo galego na rolda transalpina.

De feito, o organizador da competición, RCS Sport, tomou a decisión de convidar o XGZ en base á cuarta praza conseguida por Mosquera na Vuelta de 2008. En 2009, o de Teo foi quinto malia diversas dificultades que tivo que afrontar. Un posto que ben lle podería valer o seu equipo para recuncar no Giro de 2010.

Baixas

Por outra banda, o XGZ deu a coñecer este martes -seguindo a normativa da UCI- a relación de ciclistas que non entran nos plans do equipo para o ano que vén. Estes son: Juan Mourón, Alejandro Paleo, Iván Raña, Héctor Espasandín, Pedro Fernández, Iban Mayoz, David Herrero. O ruso Eduard Vorganov marcha de xeito voluntario, xa que regresa ao seu país logo de aceptar unha mellor oferta do equipo Katusha.

Dos corredores encadrados no XGZ 2009, tres teñen contrato en vigor até decembro de 2010. Estes son: Ezequiel Mosquera, David García e Gustavo Veloso. Co resto de ciclistas que formaron parte do equipo este ano, non incluídos no apartado de baixas, mantéñense xestións para formalizar un novo acordo.

Altas

Ao respecto das altas, este martes o Xacobeo anunciou as incorporacións de Gustavo Rodríguez e José Antonio de Segovia. Rodríguez (Tui, 1979) e militou na última tempada no equipo elite - sub 23 Artesanía de Galicia-Cidade de Lugo, aínda que ten xa catro anos de experiencia profesional en Portugal. De Segovia (Ávila, 1982) tamén pasou polo pelotón amador galego, concretamente no equipo Super Froiz.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: