Durante o sábado e o domingo pasaron 1.276 alumnos polos exames de obtención do certificado de lingua galega (Celga).
Unhas 1.276 persoas realizaron esta fin de semana as probas para obter o certificado de lingua galega (Celga), o sistema de certificación adaptado ao marco europeo común de referencia para as linguas.
O sábado celebráronse os exames correspondentes ao Celga 4, ás que se presentaron un total de 788 persoas --un 86% do total de matriculados--, dos que 239 realizaron o exame na Coruña; 202 persoas en Pontevedra; 155 en Santiago; 115 en Lugo; e 49 persoas en Ourense. Así mesmo, realizaron estas probas 28 persoas fóra de Galiza.
Nas probas do domingo, 488 persoas presentáronse á convocatoria do Celga 2 --86% dos matriculados--, das que 142 participaron na Coruña; 102 en Santiago; 100 persoas en Pontevedra; 67 en Lugo; e unhas 62 en Ourense; mentres que 15 persoas fixeron exame fóra de Galiza.
A próxima semana celebraranse os exames --oral e escrito-- dos niveis Celga 3 e Celga 1, que contan con 572 e 262 persoas matriculadas respectivamente.