Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Remata o secuestro

A tripulación do 'Alakrana' chega sa e salva ás Seychelles

O patrón do atuneiro, Ricardo Blach, denunciou malos tratos por parte dos secuestradores somalís.

Redacción - 10:34 20/11/2009
O 'Alakrana' aporta a Victoria

O 'Alakrana' aporta a Victoria

O atuneiro Alakrana, con oito tripulantes galegos a bordo, chegou esta madrugada a Victoria, a capital da República das Seychelles, despois de tres días de navegación dende a costa de Somalia, onde estivera secuestrado por piratas 47 días.

Os 36 tripulants do barco chegaron a salvo. Familiares dos mariñeiros galegos desprazáronse o xoves ao arquipélago para reunírense cos seus achegados. O patrón do barco, Ricardo Blach, quixo agradecer as autoridades por "sacar do inferno" a tripulación. Para Blach, esta foi a súa "derradeira viaxe" antes da xubilación.

O patrón engadiu que o resto dos mariñeiros podería volver ao Alakrana se non atopa "un bo traballo en terra". Tamén salientou o maltrato físico que sufriron por parte dos piratas somalís e admitiu ter sido o que máis sufrira ese trato: "Eles vían que era o que máis enteiro estaba e había que tratar de afundirme. Batían en min, amarráronme e mil cousas máis".

Os mariñeiros someteranse a revisións médicas "na súa maioría rutineiras" a petición do Instituto Social da Mariña, segundo explicou a ministra de Medio Mariño, Elena Espinosa.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: