Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Privilexios a bancos, industria e aseguradoras

Na análise financeira: raposos no galiñeiro da Eurocomisión

Dos expertos que asesoran a Comisión Europea sobre os mercados financeiros hai unha maioría de persoas vencelladas aos mesmos núcleos que causaron a crise.

Redacción - 11:25 06/11/2009

Á orella dos responsábeis da Comisión Europea encargados de definir os marcos lexislativos da Unión Europea aparecen a miúdo voces privilexiadas, moitas veces procedentes de grupos de presión moi concretos. Non é a primeira vez que o colectivo Alter-EU advirte desta situación, criticando o poder dalgún lobby e os problemas de transparencia na Comisión Europea.

Desta volta, o mesmo colectivo repara de xeito concreto no que está acontecendo no contexto da actual crise económica e financeira. Segundo o estudo realizado ao respecto deste ámbito concreto, os grupos de expertos deseñados para colaborar e asesorar coa Eurocomisión e con acceso directo e privilexiado aos lexisladores, caracterízanse pola súa falta de pluralidade. Así, persoeiros vencellados á gran banca, aos xigantes dos seguros ou a diversos centros de poder empresarial e industrial, son basicamente os que teñen voz neste proceso. Deste xeito, os informes a partir dos cales se elaboran as propostas lexislativas xorden dun debate claramente "parcial" onde outros grupos de interese, académicos independentes, organizacións de consumidores ou colectivos diversos, non son nunca convidados a opinar.

O informe elaborado por Alter-EU chama deste xeito a atención sobre o paradoxo de que sexan xustamente expertos vencellados a sectores e empresas directamente relacionadas coa orixe da crise os que aparezan nas listas de convidados a opinar sobre as reformas legais necesarias no escenario actual. Unha actitude esta coa que, advirten, a Eurocomisión "está rachando as súas propias regras", renunciando á necesaria pluralidade e esquecendo o compromiso de buscar a maior "diversidade de puntos de vista" posíbel.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O colectivo Alter-EU advirte do poder dalgún lobby e dos problemas de transparencia na Comisión Europea
O colectivo Alter-EU advirte do poder dalgún lobby e dos problemas de transparencia na Comisión Europea
O comisario 'económico' Almunia con Barroso e o comisario McCreevy nun acto sobre o contexto financeiro
O comisario 'económico' Almunia con Barroso e o comisario McCreevy nun acto sobre o contexto financeiro