Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Estudo científico

Os humanos tiveron sexo con neandertais

Un investigador prepara un informe sobre o xenoma dos homínidos europeos, para averiguar se quedan restos dos seus xenes no noso ADN.

Redacción - 18:30 28/10/2009

Os humanos tiveron sexo con neandertais, segundo o estudo dun xenetista do Instituto Max Planck de Leipzig. Segundo publicou o Times, o profesor Svante Paabo anunciou que vai publicar a súa análise do xenoma neandertal, usando ADN extraído de fósiles, e que o comparará co dos humanos modernos e co dos chimpancés.

Aínda que Paabo afirmou nunha conferencia que estaba seguro de que houbo contactos sexuais entre as días especies, aínda que non ten claro se produciron descendencia e se actualmente temos xenes neandertais. Os humanos modernos chegaron dende África a Europa hai 40 mil anos, atopando neandertais que xa vivían aquí. As dúas especies coexistiron máis de 10 mil anos, até que a especie europea se extinguiu. Os científicos non están seguros de se houbo hibridación.

A secuencia do ADN neandertal pode desvelar se herdamos algúns dos seus riscos xenéticos. A posibilidade de relacións entre as dúas especies parece confirmada polos achados de fósiles que comparten características dos dous tipos. Polo momento, as probas amosan que os xenes neandertais eran moi diferentes dos dos humanos modernos.

Na natureza hai moitos casos de híbridos entre especies semellantes, pero que dan lugar a descendentes pouco fértiles. Os científicos non teñen claro se humanos e neandertais eran xeneticamente compatíbeis. En calquera caso, o tempo transcorrido dende a extinción desa especie, uns 30 mil anos, puido borrar a súa pegada xenética no noso ADN.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: