Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Canibalismo nos neandertais

Un equipo internacional de paleoantropólogos atopou un conxunto de ósos, que suxire a práctica do canibalismo polo neandertais. Os ósos teñen evidentes sinais de carnicería e aparecen asociados a ósos de cervo coas mesmas marcas. O achádeo realizouse nunha cova de Moula-Guery, na rexión de Ardèche, en Francia. Contra a hipótese do canibalismo, algúns críticos din que os restos óseos e as marcas poden ter outras orixes, poden ter sido rillados por carnívoros ou limpados para un ritual funerario. Os investigadores publicaron a súas conclusións no número de Science do 1 de outubro.

- 08:58 10/10/1999
Tags:

Un grupo de ósos de Homo sapiens neanderthalensis foi atopado nunha cova de Moula-Guery, na rexión francesa do Ardèche, con marcas de ter sido esmagados con martelos de pedra e atravesados cun punzón. A datación dos restos dá unha idade comprendida entre os 100000 e os 120000 anos, e segundo o equipo de paleoantropólogos franceses e estadounidenses son a proba máis clara da práctica do canibalismo entre os neandertais. Engaden que non poden compararse ó achádeo de Krapina, Croacia, e a hipótese do canibalismo formulada en 1892.
Os ósos están crebados cun martelo de pedra e con sinais claros de teren sido tratados, cun punzón, para tirarlles os miolos e mailo cerebro. Para estes investigadores a abundancia de recursos naturais da rexión, no tempo no que viviron os neandertais no fai máis que abundar na feito da práctica do canibalismo. Se foi unha excepción, como alimento de supervivencia, ou un comportamento social habitual aínda non está claro. Os paleoantropólogos non atoparon ningunha evidencia de rituais funerarios. Xunto ós ósos humanos si atroparon outros restos óseos de cervos, con cortes semellantes, que suxiren que recibiron un mesmo tratamento.
Os 78 ósos humanos atopados pertencen a seis individuos, dous adultos, dous de quince ou dezaseis anos e outros dous de seis ou sete anos. Tódolos ósos das extremidades e do cranio foron escachados. Só quedaron intactos ós osos das mans e dos pés. Algúns ósos presentan sinais de cortes, por exemplo dos tendóns dos flexores das dedas dos pés, do tendón de Aquiles e do tendón do músculo bíceps. Nos individuos máis novos apareceron cortes na zona do músculo temporal (empregado para pecha-los maxilares). Outros cortes mostran que quitaron os músculos da coxa e hai un caso de extracción da lingua.
Os tipos de cortes e as fracturas dos ósos dos cervos, asociados ós restos humanos suxiren que os animais morreron da mesma maneira e recibiron o mesmo tratamento, cun mesmo obxectivo; servir de alimento.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: