Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Porto deportivo de Massó

O xuíz admite a trámite o recurso da Confraría de Cangas contra o Concello

A empresa non conta con licenza municipal de obras porque a alcaldesa non a concedeu ao entender que os terreos son competencia da Autoridade Portuaria de Vigo.

Europa Press - 10:00 17/10/2009

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo da Confraría de Pescadores de Cangas contra a resolución do Concello, pola que se desestimaba a denuncia presentada polo goberno municipal e dúas construtoras, onde se pedía a paralización das obras do porto deportivo de Massó.

Segundo informou a través dun comunicado a propia confraría, o xulgado requiriulle ao Concello que remita nun prazo máximo de 20 días o expediente administrativo onde aparecen as licenzas municipais que debe ter a compañía promotora, Residencial Marina Atlántica.

Dado que a empresa non conta coa devandita licenza porque a alcaldesa non a concedeu ao entender que os terreos son competencia da Autoridade Portuaria de Vigo, a confraría asegura que Clara Millán terá que enviar tamén "os expedientes de reposición da legalidade e sancionador ao carecer a obra dos permisos".

Os pescadores sosteñen que a rexedora ten potestade para outorgar a licenza municipal necesaria e basean a súa afirmación en varios informes xudiciais e en diferentes sentenzas precedentes. Logo de coñecer a admisión a trámite do recurso, a confraría informou de que comunicará este feito á Fiscalía de Medio Ambiente de Pontevedra e á subdelegación do goberno español en Galiza "co fin de xustificar a ilegalidade manifesta das obras do porto deportivo de Massó".


Ligazóns

5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: